top of page

 

 

 

-A revolución rusa-

A partir de este momento vou cambiar a forma de expresión de cada idea do blog, en vez de facer un resumo da información vou recoller as ideas que me parecen máis importante con algún comentario das mesmas; se non quedou claro a continuación comezarei con este novo estilo de expresión e xa se poderá ver. Ademais as palabras importates vounas subrayar a vermello

Causas:

Lenin

 Causas:

​- Aplacouse de forma violenta a revolución de 1905 no Domingo Tráxico.

​

- Rusia entrou na Gran Guerra e partindo desde a base de que Rusia era un país moi débil a súa situación social era moi mala.  non paraban de morrer soldados na Guerra polo que finalmente en Febreiro de 1917 derrócase o tsar.

​

- Os alimentos non eran suficientes para alimentar a toda a poboación e non chegaban axudas.

​

- Na Gran Guerra non paraban de morrer soldados e o tsar non paraba d

 

Consecuencia:

​

​

 A caída da monarquía de paso a aparación dun goberno provisional e na creación dos soviets. Estes contaban con apoio da xente pero a división dos partidos obreiros non permitiu a unión, ahí e cando entra o partido bolxevique que era a facción máis extrema do partido socialdemócrata ruso. Este era gobernado por Lenin que fora expulsado pero Kerenski, líder do goberno provisional, deixou que volvera e creou as teses de Abril:

​

- Entrega do poder ós soviets.

​

- Saída inmediata da guerra.

​

- Redistribución das terras e colectivización das industrias.

​

​

 Non foi ata Outubro de 1918 que non se realziaran unhas eleccións nas que Lenin non obtivera a maioría polo que da un golpe de Estado e instaura unha ditadura bolxevique, que vota ó goberno que estivera en 1917 de Kerenski.

​

 Ca entrada dos bolxeviques ó poder firmouse a Paz de Brest-Litovsk pola que Rusia saíua da Guerra, pero tamén estalou unha guerra civil en Rusia na que se enfrentou o Exército Vermello (o dos bolxeviques) liderado por Trostki contra o Exérxito Branco que botaban de menos o antiguo Réxime tsarista. Gañou o Exército Vermello en 1921 e creouse a policía política ou Checa.

​

 Ademais un exercicio deste apartado era facer unha comparación das opinións que hai actualmente sobre o tema do comunismo e a guerra civil que tivo lugar en Rusia fai un século, aínda que non teño a redacción si que teño algo a sucio.

​

- Para preparar esto fixemos varios exercizos na clase, un era unha redacción.

​

​- Aplacouse de forma violenta a revolución de 1905 no Domingo Sangriento.

​

- Rusia entrou na Gran Guerra e partindo desde a base de que Rusia era un país moi débil a súa situación social era moi mala.  non paraban de morrer soldados na Guerra polo que finalmente en Febreiro de 1917 derrócase o tsar.

​

- Os alimentos non eran suficientes para alimentar a toda a poboación e non chegaban axudas.

​

- Na Gran Guerra non paraban de morrer soldados e o tsar non paraba de mandar máis e máis aínda que non paraban de morrer.

- O pobo revelouse en Febreiro de 1917 e expulsou o tsar do poder.

​

-As transformacións económicas-

​

Situación despois da Gran Guerra:

​

- O papel do Estado cambia na economía.

​

- Bancarrota en todos os países que participaran na guerra, estes necesitaban préstamos dos EEUU por exemplo que aínda endebedaba máis a estes países coa gran potencia nese momento.

​

- Hiperinflación dos prezos pola necesidade de recursos e a rotura da economía alemá.

​

- Para que Europa se recuperara da súa mala situación aumentaron as exportacións e reduciron o consumo, todo esto porque os EEUU tiñan un control económica indudable.

​

​

​

​

-A crise demográfica: a pandemia de gripe-

​

​

- Pola situación dos soldados da guerra moitos deles morrían por enfermidades e non pola guerra, algo que non se contaba ó pobo por medo a que cundise o medo, moito medo había :v. Un dos maiores desastres da guerra foi unha mutación da gripe aviar que chegou de Asia e que afectou ós soldados da guerra, que aínda por encima ó acabar a guerra os soldados volveron ós seus países e extenderon a enfermidade. 

​

- Xa nos países estes non permitían que se nombrase a forza desta pandemia pero en España, cunha prensa máis libre ca noutros países, fixo pública a esta enfermidade a todos os países. Por esto esta gripe e chamada a "gripe española" aínda que non tivo nada que ver España con ela.

-O novo papel da muller-

- Debido a gran cantidade de homes que foron loitar a guerra duran a Gran guerra as mulleres foron as encargadas de traballar nos países, debido a esto a súa reputación mellorou.

​

- Despois da Gran guerra unha gran cantidade de mulleres foron capaces de votar en moitos máis países, un sufraxio tamén feminino.

​

- Moitas mulleres tiveron máis opcións para estudar e conseguir os novos traballos que surxían coa evolución da tecnoloxía como por exemplo o traballo de mulleres do cable, onde case todos os empleados eran mulleres.

​

- O vestiario e os hábitos das mulleres evolucionaron e cada vez tiñan máis liberdade para facer o mesmo ca os homes, de feito estaba ben vista saír da casa a facer deporte ou otras actividades.

​

A verdade é que despois da guerra, a pesar de ser un evento que trouxo moitas mortes e problemas, tamén fixo que todas estas evolucións existisen e que a situación actual sobre a muller sexa de igualdade como home como sermpre debería haber sido.

-O avance da democracia-

- Despois da Gran Guerra a maioría dos países instauraran repúblicas democráticas débiles, que serían amenazadas por outras políticas "novidosas" como o comunismo ou o fascismo, que se expandiron en zonas de pobreza ou de decontento social pola Paz de París por exemplo. Esto fixo que países de este de Europa acabasen con réximes totalitarios, algúns destes afectados eran Polonia, Checoslovaquia e Iugoslavia.

​

- A situación tan complicada para as democracias e con novas correntes existiron máis partidos que fixo que ó final dos anos 20 só existiran menos democracias e menos réximes autoritarios. Unha destas que foi moi importante para a II guerra mundial foi a República de Weimar.

​

-República de Weimar-

- A República de Weimar foi a República máis representativa das democracias da posguerra.

​

- Os levantamentos comunistas foron reprimidos con dureza, algo que se viu e se verá sempre en Alemaña.

​

- A extrema dereita propagou a lenda da "puñalada trapeira" para desacreditar a esta República; de feito Hitler, líder do partido nazi, intentou un golpe de estado, o golpe de Múnic, contra esta república en 1923 pero acabou en fracaso e con el no cárcere onde escribe Main Kampf.

​

- Esta república puxo en marcha o plan Dawes que fixo que Alemaña mellorase a súa economía e suavizase o pagamento de reparacións.

​

​

​

​

​

-Os EEUU nos anos 20-

- Tras a guerra os EEUU "illáronse" dos problemas de Eurpoa para continuar evolucionando e influíndo na América latina e no Pacífico.

​

- Foi a época da lei seca e das mafias que aproveitaban esta para facer negocios.

​

- Foron os anos de auxe do Ku Kux Klan, unha organización racista e xenófoba dos anos 20.

​

Especialmente o primeiro punto reduce a perfección a intención dos EEUU para continuar crecendo como potencia mundial.

​

​

​

​

-De Versalles a Locarno-

Ku Kux Klan

Main Kampf

- Despois da geurra a situación entre gañadores e prededores non era nada boa e para intentar solucionar esto fanse varias reunións.

​

- O espírito de Locarno é o clima de conciliación acadado nas reunións, significa o auxe da Sociedade de Nacións.

Stalin

-A URSS e o comunismo-

- Despois a revolución rusa o país abandonou a economía de guerra.

​

- Púxose en práctica a NEP dun merado reducido con pequenos negocios.

​

- A morte de Lenin, Trotski (líder do exército vermello) e Stalin loitaron polo título de gobernador do partido. Stalin acabou gobernando e impoñendo un comunismo dun só país, contrario a idea de Trotski que quería un comunismo nacional; Trotski morrería asasinado en México máis tarde.

Trotski

-O fascismo-

- O fascismo é un sistema antiliberal contrario a democracia, xenófobo, clasista e anula os valores tradicionais, as súas caract. eran:

> Supremacía do partido e o líder: Estes era a representación do Estado, a xente que non fora do partido era asasinada.

> Primacía do Estado: Rexeita os dereitos do cidadán, desaparece o estado de dereito e a noción cidadán.

>Racismo: Criterios raciais nos ciudadanos.

> Autarquía: O país promove unha autosuficiencia económica, sen importacións.

> Política exterior agresiva: Os países reclaman os territorios cercanos a el por razóns de espacio ou poderío superior, sometendo ou aniquilando pobos.

> Corporativismo: Nega as diferencias de clase e o Estado organiza o traballo e os soldos que teñen todos os habitantes do país.

​

Un dos exemplos de fascismo é o fascismo italiano.

​

- Este fascismo intaurouse en 1922 a causa dun descontento ca repartición colonial e o medo a folgas e a revolucións.

​

- Esto é aproveitado polo partido fascista de Mussolini e organiza en 1922 a marcha sobre Roma coa que mostra o seu poder e ascende a gobernar.

​

- Mussolini era chamado Duce e a súa policía eran as Camisas Negras.

​

​

​

​

​

​

​

​

-Os anos 20-

- Os anos 20 son chamados "felices" pois era unha época de prosperidade na que as vantaxes que solo tiñan os ricos foron accesibles a clases pobres.

​

- Cousas como a electricidade, os créditos dos bancos ou os electrodomésticos e a iluminación expandíronse durante todos estes anos, agora a xente de clase social máis baixa podía permitirse ter estos obxectos. A moda tamén evolucionou moito e con ela os métodos de traballo.

​

- A publicidade tamén avanzou moito con métodos como a radio ou o cine que ademais mostraban ideas bonitas ou soños e vantaxes en outros países, eran métodos propagandísticos.

​

- A radio xa fora o principal método de comunicación durante a I guerra mundial e os anos vinte foron os anos da radio.

​

- En clase fixemos unha actividade na que todos os da clase íbamos disfrazados dun personaxe importante dos anos 20, eu fun de Walt Dysney.

​

​

Mussolini

Hitler

Fotaza

Fotaza 2 xD

-Da prosperidade ó crac-

- A pesar do aparente esplendor en 1929 a bolsa de NY caeu en outubro.

 

-Situación:

 

> Nos EEUU había moita publicidade que animaba a xente a comprar e a vir cumprir os seus soños.

> A xente endebedábase con préstamos.

> EEUU tiña moitos alimentos para darllos ós combatentes pero condo acabou a guerra etos sobraban e baixaron de prezo.

> Había un triángulo de capitais entre os EEUU, os gañadores e os perdedores que se vería afectado por este crac.

> Os EEUU era o pilar da economía do mundo.

​

- Causas:

 

A famosa burbulla especuladora foi a gran responsable, a xente non paraba de comprar accións cada vez máis caras pero o problema era que as acción valían máis do que valía a propia empresa e despois ese diñeiro que non existia que foi aumentando foi o causante.

​

Ademais moita xente pedira préstamos ou hipotecarase polas accións e agora perdérano todo, especialmente os pequeno aforradores que vían na bolsa unha opción para volverse ricos.

​

-Qué ocorreu?

 

- Cando a bolsa caeu as accións tamén o fixeron e todo o mundo quería vender accións a xente que xa tiña.

​

- O estado aportou diñeiro a bolsa pero despois de dous días caeu totalmente.

​

-As consecuencias están máis detalladas no tema 7.

> Nos EEUU había moita publicidade que animaba a xente a comprar e a vir cumprir os seus soños.

> A xente endebedábase con préstamos.

> EEUU tiña moitos alimentos para darllos ós combatentes pero condo acabou a guerra etos sobraban e baixaron de prezo.

> Había un triángulo de capitais entre os EEUU, os gañadores e os perdedores que se vería afectado por este crac.

> Os EEUU eran o pilar da economía do mundo.

> A famosa burbulla especuladora foi a gran responsable, a xente non paraba de comprar accións cada vez máis caras pero o problema era que as acción valían máis do que valía a propia empresa e despois ese diñeiro que non existia que foi aumentando foi o causante.

​

> Ademais moita xente pedira préstamos ou hipotecarase polas accións e agora perdérano todo, especialmente os pequeno aforradores que vían na bolsa unha opción para volverse ricos.

bottom of page